"Entón, ao baixar o nivel de preguntas e só aceptar respostas dalgúns poucos alumnos, o docente pode facer que a lección siga o seu curso mais na realidade está totalmente desconectado coa comprensión real da maioría da clase".
Paul Black e Dylan Wiliam
Outra sesión máis do noso Plan de Formación Permanente do Profesorado e seguimos ampliando coñecementos sobre a Avaliación Formativa. Desta volta, centrámonos na importancia dos chequeos de comprensión.
A sesión comezou cunha actividade da AF, o repaso do visto na sesión anterior, neste caso, sobre a comunicación dos obxectivos de aprendizaxe, empregando o Mentimeter:
En si mesmo, un repaso é unha actividade que serve para comprobar a comprensión, pero nesta sesión puidemos coñecer e mesmo experimentar moitas outras actividades con este fin.
Dedicamos a maior parte do tempo a traballar en pequenos grupos con diferentes exemplos de actividades de comprensión e reflexión.
Cada un dos asistentes tiñamos asignada unha actividade distinta, e nos grupos, tiñamos que responder as seguintes cuestións:
Para que serve?
Comparte a túa resposta
Opina sobre a actividade
Cando a usarías? Para que actividade de aula?
Velaquí unha das actividades:
Estas actividades foron adaptadas para a sesión por Carla Dechant, baseadas nesta lista da web Edutopia.
Ao final da sesión, a profesora Anabel González compartiu as súas estratexias para comprobar a comprensión do seu alumnado mediante preguntas guiadas. Por exemplo:
Para revisar puntos gramaticais:
“Se digo que vai chover, estou falando de onte?”
Para comprobar se entenderon as instrucións dunha actividade:
“Que temos que facer? Sós ou en parellas?”
E con isto deixamos marcado o camiño a seguir, xa que na seguinte sesión falaremos dun tema moi importante na AF e ao que moitas veces non prestamos toda a atención que merece: Como formular preguntas.
Comments