top of page

MOBILIDADES

Image by Arvid Malde
Irlanda.png
Madeira.png

UNIVERSIDADE METROPOLITANA DE OSLO

Mellorar a aprendizaxe de idiomas mediante a avaliación formativa

Curso elaborado á medida para a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, co que asentaremos as bases teóricas sobre as que implementar a finalidade práctica do proxecto. Asistirán membros de todos os departamentos implicados no proxecto, co que se garante un gran impacto na docencia.

DROGHEDA (IRLANDA) COA ACADEMIA EUROPASS

Fomentar a autonomía de aprendizaxe do alumnado

Curso centrado na aplicación de técnicas de avaliación formativa para o desenvolvemento da autonomía do alumnado. Un contido esencial do curso é a inclusión, factor clave para contribuír ao éxito do proceso de aprendizaxe de todo o alumnado.

CON EUNEOS EN MADEIRA

Avaliación da e para a aprendizaxe mediante ferramentas dixitais

Curso que combina as claves da avaliación formativa coa metodoloxía da avalición dixital. Entre os contidos do curso destacan o deseño de materiais para a avaliación formativa dixital e a avaliación a través da gamificación.

Mobilidades: Servicios
Skopje.png
ealta.png

SKOPJE (MACEDONIA) COA ASOCIACIÓN 4C

Planificar, desenvolver e xestionar a avaliación formativa

Curso centrado na aprendizaxe personalizada mediante a integración de métodos e ferramentas que avalían o alumnado e fomentan o seu progreso.  O profesorado aprenderá a planificar, desenvolver e xestionar a avaliación formativa aplicando as 4c da educación: creatividade, comunicación, colaboración e pensamento crítico.

CONGRESOS EALTA

Profundar e mellorar na práctica da avaliación de idiomas

Congresos organizados pola Asociación Europea de Avaliación e Probas de Linguas (EALTA), que conta cunha vasta traxectoria no eido do coñecemento e mellora das prácticas de avaliación de idiomas. A asistencia ás edicións do 2021 e 2022 constituirá sen dúbida unha valiosa aportación ao noso proxecto.  O lugar provisional de realización para o 2022 é Finlandia.

Estudiantes
Universitario

FINHAM PARK SCHOOL (REINO UNIDO)

Observar en acción os piares da avaliación formativa

Estadía de observación nun centro de educación secundaria de prestixio internacional no que se aplican con éxito estratexias de avaliación formativa, con especial fincapé naquelas que fomentan un sentido de comunidade. Coa observación en vivo destas boas prácticas poderemos maximizar o impacto da avaliación formativa no noso centro, así como a súa sostibilidade no tempo.

BIOTEHNIŠKI CENTER NAKLO (ESLOVENIA)

Converter a avaliación formativa na práctica prioritaria na aula

Estadía de observación na que teremos a oportunidade de escoitar e intercambiar coñecementos con profesionais cunha ampla traxectoria en avaliación formativa, así como observar in situ técnicas e estratexias de auto e coavaliación na aula.

Mobilidades: Servicios
bottom of page