"The big idea here is that the quality of education is a key determinant of the prosperity and fairness of our societies, and that's why we have to invest in helping every teacher improve."
Dylan Wiliam (University of London)
EN QUE CONSISTE?
Resumo do proxecto
Baixo as directrices do programa Erasmus+ KA1 para o bienio 2020-2022, a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela presenta esta solicitud como un paso máis nos eu compromiso co ensino de idiomas de calidade en Galicia. A escola convirtiuse nun referente en excelencia e innovación como resultado do esforzo realizado na formación do personal docente. En consecuencia, elaboramos unha nova proposta para garantizar a mellora continua das boas prácticas e ao mesmo tempo consolidar a nosa proxección internacional e europea.
A escola e máis as súas 5 seccións imparten un ensino e certificación públicos de 7 idiomas a casi 4,000 estudiantes, principalmente adultos. O obxectivo principal do noso proxecto educativo é servir á comunidade fomentando o plurilingüismo, proporcionando aos estudantes ferramentas para cumplir os seus obxectivos personais e profesionais dentro dun contexto internacional donde a competencia lingüística desempeña un papel esencial.
A escola desenvolve un plan estratéxico a longo prazo para garantizar que se satisfagan as necesidades de formación do persoal docente. Baixo este marco atópase o noso Plan de Desenvolvemento Europeo (PDE), que ata o de agora permitiu aos docentes adquirir coñecementos e conseguir contactos que sentaron as bases para a implementación de proxectos de calidade. Nesta liña, buscamos acadar a excelencia na avaliación de linguas, mediante a aplicación da AVALIACIÓN FORMATIVA (EF), que promove a autonomía do alumnado e a autoavaliación reflexiva. Unha enquisa realizada como parte de noso Plan de formación determinou que a EF era un área que necesitaba atención. As directivas europeas e nacionais identifican a EF como un elemento esencial na aprendizaje. Ademáis, a EF permítenos medir a competencia comunicativa e axuda ao alumnado a desenvolver as sus propias estratexias. Isto é relevante no contexto da aprendizaxe permanente e unha prioridade do proxecto escolar.
Os obxectivos específicos do proxecto terán un impacto directo no profesorado e alumnado, así como en toda a comunidade educativa. Os/as docentes aprenderán novas ferramentas e estratexias de avaliación, mellorando así os seus propios coñecementos e capacidades profesionais. O alumnado será máis autónomo grazas a unha maior competencia lingüística e cultural. Como resultado final, mellorarase a calidade da educación impartida, consolidarase a nosa posición como referente entre as EOIs e garantirase a sostenibilidade de nuestro PDE ao contactar con institucións europeas de prestixio.
Realizamos unha busca exhaustiva de institucións educativas que nos brinden a mellor formación. A diversidade das movilidades asegurará unha visión integral da EF dende distintas culturas educativas, e polo tanto, distintos puntos de vista. As actividades inclúen tanto cursos estruturados coma estancias de observación. Cada unha das 20 mobilidades constará de tres etapas: preparación, participación e actividades posteriores. Cada participante responsabilizarase de traer evidencias da súa participación para ser validada. Unha comisión adxudicará as actividades de acordo con criterios obxectivos, priorizando as persoas comprometidas co PDE.
A ampla experiencia e compromiso dos participantes garanten a calidade do noso proxecto. Están especializados en diversos aspectos do ensino e certificación de idiomas, tales como mediación, inclusión, innovación e TICs. Tamén participan activamente na divulgación dos seus coñecementos en congresos rexionais/nacionais/ internacionais e cursos de formación, ampliando así o alcance do proxecto.
OBXECTIVOS
Estamos convencidos de que, para mellorar o proceso de aprendizaxe do noso alumnado e as súas posibilidades de mobilidade e inserción laboral no ámbito europeo, é necesario dotar ao profesorado e ao alumnado de estratexias, técnicas e instrumentos de avaliación formativa.
Obxectivos para o PROFESORADO
Coñecer e aplicar enfoques docentes diversos que promovan o intercambio de boas prácticas docentes e a innovación continua.
Mellorar as súas competencias profesionais para integrar eficazmente a avaliación formativa na súa práctica docente
Desenvolver as súas capacidades de avaliación con novas técnicas, estratexias e ferramentas que potencien a autonomía e responsabilidade do alumnado na súa aprendizaxe ao longo da vida
Ampliar redes de aprendizaxe persoal e de contactos profesionais, e colaboracións con outros docentes
Mellorar o espírito cooperativo e de traballo en equipo, así como a súa motivación persoal e profesional.
Obxectivos para o ALUMNADO
Ampliar a súa competencia en linguas estranxeiras e mellorar os seus resultados académicos
Aumentar a súa motivación e a eficacia da súa aprendizaxe, así como o seu nivel de satisfacción con respecto á formación recibida no centro.
Mellorar a súa autonomía na aprendizaxe permanente e cooperativa con estratexias que lle permitan ser responsable do seu progreso e faciliten, de ser o caso, a súa inserción no mercado laboral.
Obxectivos para a COMUNIDADE ESCOLAR
Potenciar a formación continua do profesorado para mellorar as súas competencias profesionais e así mellorar a calidade e a eficacia da educación e a formación.
Converter o noso centro nun referente para outras EOI no ámbito da avaliación formativa.
Aumentar a rede de contactos con centros no estranxeiro para colaborar en proxectos que garantan a sustentabilidade do noso Plan de Desenvolvemento Europeo.
Obxectivos para o SISTEMA EDUCATIVO
Estender os coñecementos adquiridos sobre avaliación así como compartir materiais con outros centros docentes.
Xeralizar e concretizar o uso da avaliación formativa no sistema de escolas oficiais de idiomas de Galicia
PARTICIPANTES
O persoal docente da nosa institución é profesorado especializado na ensinanza de linguas a adultos, titulados superiores, na súa maioría licenciados en Filoloxía, que teñen unha ampla experiencia no campo da avaliación certificativa e mais no uso das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) aplicadas ao ensino de linguas. Caracterízase por unha actualización constante, así como pola súa participación activa en eventos e actividades formativas. Ata o momento participou en numerosas actividades de formación de avaliación certificativa, mais soamente realizou unha formación inicial no eido da avaliación formativa.
O Equipo de Dinamización de Programas Europeos do Centro, composto por 15 profesores de diferentes departamentos e coordinado pola vicedirectora, será o encargado de implementar o proxecto no centro. Xa o fixo noutros proxectos europeos aquí mencionados, polo que está demostrada a súa experiencia previa e a súa capacidade para deseñar, xestionar e desenvolver proxectos.
TEMAS PRINCIPAIS
Ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras
Mellora da calidade e/ou a metodoloxía
Pedagoxía e didáctica