![20140512_131730.jpg](https://static.wixstatic.com/media/058777_1cfca42745514ec4aab12d718c2d4ff6~mv2.jpg/v1/fill/w_980,h_551,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/058777_1cfca42745514ec4aab12d718c2d4ff6~mv2.jpg)
QUEN SOMOS
Ensino público de idiomas de calidade
A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela é un centro docente público que imparte as ensinanzas de idiomas de réxime especial establecidas no artigo 59 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (LOE).
Xunto coas demais escolas oficiais de idiomas galegas, a EOI de Santiago de Compostela pertence á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e fai parte da rede de EOIs de todo o Estado.
O noso centro foi creado ao abeiro do Decreto 104/2001, de 3 de maio, e comezou a súa andaina no curso académico 2001/2002, atendendo á gran demanda que existía na sociedade compostelá e na súa comarca. Alén da sede central en Santiago (Vite), conta con cinco extensións: Santiago (Sar), Negreira, Noia, Ordes e Ribeira.
A nosa finalidade é a capacitación do noso alumnado, maioritariamente adulto, no uso efectivo das linguas que impartimos e mais a acreditación da súa competencia nas mesmas, co obxectivo de fomentar o plurilingüísmo entre a poboación, a aprendizaxe e formación permanentes e o respecto e recoñecemento da diversidade lingüistica e cultural, consoante o proxecto educativo do centro.
CONTACTA
Rúa de Ulpiano Villanueva, 1, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, Spain
+34 881 86 79 01