top of page

Rematan as sesións de formación, mais o proxecto continúa!


ree
Teamwork by Nick Youngson CC BY-SA 3.0

O 30 de marzo tivemos a última sesión de formación enmarcada no PFPP sobre a Avaliación Formativa.


Comezamos cun repaso sobre a autoavaliación, que ocupou a meirande parte da sesión anterior, coa profesora Carla Dechant explicando como emprega ela as checklists de Moodle para que o alumnado autoavalíe o seu traballo antes de facer a entrega da correspondente tarefa.


ree
Carla Dechant amosando as checklists para autoavaliación

Para tratar o tema da coavaliación, Carla propuxo un xogo de Kahoot baseado no artigo de Keith Topping: “Peer Assessment: Learning by Judging and Discussing the Work of Other Learners”. Participamos por equipos e ademais de aprender pasámolo moi ben competindo!

ree
Os equipos a debater as preguntas do Kahoot

A profesora Isabel de la Cruz fixo unha breve introdución ao funcionamento da ferramenta “Taller” en Moodle, para ensinarnos como podemos empregala para a coavaliación. Amosounos tamén un exemplo de tarefa que levou a cabo co seu alumnado de semipresencial e ofreceuse a facer un titorial máis detallado para o profesorado queira empregar esta ferramenta nas súas aulas.

ree
Isabel de la Cruz amosando como empregar a ferramenta Taller

ree

Por último, centrámonos na reflexión e seguimento do alumnado como parte fundamental da Avaliación Formativa. Para favorecer a reflexión do alumnado, Carla presentou diferentes ferramentas nas que podemos atopar modelos de entry ou exit tickets, como Profestation, Ziplet e Canva. No tocante ao seguimento do alumnado, falamos da utilidade dos portafolios, tanto tradicionais coma dixitais, e dos diarios de aprendizaxe, que podemos facer empregando distintas ferramentas: o “Journal” de Moodle ou Penzu, que permite engadir contido multimedia e mesmo escaneos do traballo na aula.


O profesor Manuel del Río compartiu connosco a súa experiencia empregando tanto portafolios como diarios de aprendizaxe. Para el, o importante é darlle opcións ao alumnado para crear un diario de aprendizaxe en diferentes formatos, ben sexa no seu propio caderno, nunha web, ou creando un blog propio.

ree
Manuel del Río amosando o diario de aprendizaxe dun alumno

Durante o pasado mes de abril, o profesorado participante no plan de formación estivo traballando para deixar listos os materiais que creamos tomando como base o aprendido sobre a AF durante estas sesións. Aquí podedes ver algúns dos materiais creados:



Aínda fican un par de mobilidades neste proxecto. Mentres tanto, seguimos formándonos e compartindo o aprendido!

 
 
 

Comentarios


Publicar: Blog2_Post

©2021 Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela.

bottom of page