Mércores, 6 de abril.
Seguimos co diario de aprendizaxe en EF en Oslo.
Neste día tivemos que traballar colaborativamente en grupos de tres profesores e crear un Proxecto no que puxéramos en práctica o aprendido en EF no curso.
No proxecto tiñamos que:
- Reflexionar sobre o noso contexto de ensinanza de adultos.
- Explicar os métodos de EF que poríamos en práctica na nosa clase.
- Debater o procedemento a emplear ( a temporalización, o equipo necesario, os instrumentos, …)
- E, por último, reflexionar nas vantaxes e desvantaxes do método de avaliación, así como a efectividade dos instrumentos de avaliación, isto é, a validez e a fiabilidade.
As presentacións terían lugar o último día do curso, o venres, 8 de abril, ao final da clase e cada grupo tería dez minutos para explicar o seu proxecto aos demáis grupos.
Dispoñíamos de dúas localizacións nas que traballar: O Learning Centre, P46, na rúa Pilestredet, no mesmo campus de OsloMet; ou a biblioteca pública Deichman, no corazón da cidade de Oslo, recentemente inaugurada e acuñada como unha das mellores bibliotecas do mundo, sí, sí… oíchedes ben…do mundo. A filosofía deste biblioteca norueguesa baséase en crear espazos de participación e creación relacionadas coas necesidades dos usuarios.
Foi todo un luxo traballar nesta biblioteca…!!!
Comments