Hai unhas semanas a nosa compañeira de inglés e xefa de estudos da escola, Teresa Moralejo, fixo unha mobilidade na institución EUNEOS, na illa de Madeira (Portugal).
O curso levaba por título "Avaliación da e para a aprendizaxe mediante ferramentas dixitais".
O curso versaba sobre o emprego de ferramentas dixitais na avaliación, tanto formativa coma sumativa.
A actividade foi moi proveitosa, en especial os contidos referidos a avaliación formativa, o tema central do noso proxecto Erasmus+ e tamén do Plan de Formación do Profesorado no que estamos a traballar dende o comezo de curso.
Tivo tamén a oportunidade de compartir experiencias con profesorado de toda Europa, e de crear lazos profesionais que poderían resultar en novos proxectos ou colaboracións.
Malia que o grupo de asistentes era demasiado numeroso para o tipo de contidos tratados, a mobilidade foi moi positiva e motivadora.
Comentarios