top of page

Segunda xornada en OsloMet

Continuamos a nosa formación en avaliación formativa. As poñencias do día xiraron en torno a diversos aspectos do feedback.



Lynell Chvala (OsloMet) falou da avaliación formativa de destrezas orais no caso de Noruega. Destacou a importancia de involucrar ao alumnado nos criterios de avaliación para que esta resulte productiva. En canto ás escalas de avaliación, pareceume interesante o emprego do termo competencia emerxente, polo seu enfoque en positivo, que implica un proceso de aprendizaxe dinámico e en constante progreso.


Na súa poñencia, titulada Students’ and Teachers’ Perceptions of Assessment and Feedback Practices in Finland’s Foreign Language Classes, Toni Mäkipää (Univ. of Helsinki) deu recomendacións acerca de cómo mellorar a autoavaliación. Ademais, enfatizou o papel crucial do feedback para mellorar a aprendizaxe. Subliñou a necesidade de que sexa crítico, claro e positivo e de que inclúa suxestións sobre cómo mellorar o traballo, así como información sobre o que os aprendices xa dominan.



Harald Eriksen (OsloMet) referiuse ao Formative feedback in writing instruction. Entre outros aspectos, salientou a importancia de centrar o feedback en poucos elementos, pero significativos e estables no tempo. Suxeriu dar o feedback por escrito e adicar tempo na clase para asegurarse de que o alumnado o le. No caso de erros repetidos por varios estudantes, recomendou facer un comentario para toda a clase e non a cada alumno en particular.


Na última sesión da xornada, Sophia Ionnnou (Univ. of Cyprus), falounos de feedback correctivo (CF). Presentou varias estratexias para dar CF, tanto para tarefas orais, como para producións escritas, e ofreceu unha serie de directrices para a práctica do CF baseadas na investigación. Un exemplo interesante é que o profesorado debe estar preparado para variar a quen, que e como correxir.



Diapositiva da presentación de Sophia Ioannou onde se recollen algunhas preocupacións do profesorado sobre o feedback correctivo.

72 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
Publicar: Blog2_Post
bottom of page