Co inicio do novo curso, estamos de en hora boa e podemos presentarvos os avances que temos feito no noso proxecto Erasmus Plus KA104, chamado A+VALÍA.
O curso pasado non puidemos facer ningunha das mobilidades, porén estivemos traballando nos preparativos do proxecto para que este curso vaia todo sobre rodas:
Preparamos toda a documentación asociada á execución orzamentaria e a realización das mobilidades: follas de cálculo, declaración xurada, convenios para o profesorado, etc.
Puxemos en marcha esta web que reúne toda a información sobre o proxecto (con blog incluído!), onde iremos dando conta de todo o que vaia acontecendo.
Administramos unha enquisa inicial entre o profesorado para coñecer ben o punto do que partimos a respecto das prácticas de avaliación formativa na aula.
Fixemos tamén unha recompilación de recursos bibliográficos en torno ao tema da avaliación formativa, como formación previa ás mobilidades.
Mantivemos o contacto coas institucións de acollida, propoñendo datas e precisando os contidos e aspectos que nos gustaría tratar e observar.
Durante os meses seguintes, e ao longo deste primeiro trimestre, levaremos a cabo as seguintes tarefas:
Estamos inmersos xa na organización dun seminario de formación a través do cal poidamos implantar a avaliación entre o maior número posible de profesorado do
Pecharemos todos os trámites para a realización das mobilidades: datas, selección de candidatos, preparativos, xestións, etc.
Se che interesan os proxectos internacionais e o tema da avaliación formativa, non deixes de seguirnos!
Kommentare