"O comezo é máis da metade da totalidade"
- Aristóteles, Ética a Nicómaco (1098b)
O pasado 1 de decembro celebramos a primeira sesión do Programa de Formación do Profesorado sobre a Avaliación Formativa, unha das liñas de actuación do noso proxecto A+VALÍA.
Nesta sesión introdutoria, dirixida pola profesora Carla Dechant, centrámonos nos puntos básicos da Avaliación Formativa partindo das nosas propias experiencias na aula: contrastamos diferentes definicións da AF, falamos do papel do alumnado e do profesorado, dos retos que supón aplicar a AF nas nosas aulas e de como enfocar as próximas sesións, de xeito que o profesorado participante comparta as súas propias experiencias e estratexias de AF.
Durante toda a sesión, puidemos experimentar a AF tal e como o faría o alumnado, xa que Carla empregou ferramentas como:
Think-pair-share (reflexionar - debater en parella - compartir coa clase)
Resumo visual: Debuxamos o que é para nós a AF.
Check-in rápido: enquisa online empregando o Mentimeter:
Avaliación da sesión cunha pregunta aberta: que mellorarías desta presentación?
Tras o éxito da sesión introdutoria, as sesións sucesivas van afrontar as situacións e retos que supón a aplicación da AF no ensino-aprendizaxe de idiomas. De feito, a sesión remata coa proposta-convite de Carla ao profesorado participante: que nos animemos a compartir nas seguintes sesións algunhas das estratexias e técnicas da avaliación formativa que poñemos en práctica nas nosas aula. Desta maneira, o impacto positivo da avaliación formativa expandirase cada vez máis a toda a comunidade educativa.
Comments