Estamos xa inmersos na organización do Seminario de formación co que imos levar a cabo no seo deste proxecto. Co título Mellora dos procesos de avaliación formativa a través da internacionalización, imos traballar ao redor de dous aspectos importantes:
➡ a preparación do profesorado para a realización das mobilidades, e
➡ os resultados tanxibles do proxecto
Son 24 os docentes inscritos, polo que esperamos o seminario sexa moi proveitoso.
Doutra banda, estamos tamén pechando as datas das mobilidades. Desgraciadamente, por mor do Brexit, estamos a buscar un centro alternativo para substituír a visita que tiñamos programada ao Finham Park School. Irlanda, Bélxica... quen sabe? O importante é atopar un centro que nos poida aportar exemplos interesantes de boas prácticas. Co tema da pandemia non moitas institucións están a recibir profesorado neste tipo de proxectos.
Irémosvos informando!
Comments